A Deputación acolle a xuntanza da Comisión de Deputacións e Cabildos da FEMP

O encontro analizará o informe do presidente da FEMP sobre a reinversión do superávit das entidades locais, a taxa de reposición de efectivos e a financiación local
Por o 12/02/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra
A Deputación acolle a xuntanza da Comisión de Deputacións e Cabildos da FEMP
Compartir en:

O salón de plenos da Deputación de Pontevedra acolle mañá a xuntanza ordinaria  da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da Federación Estatal de Municipios e Provincias

(FEMP). Nesta xuntanza, que comezará as doce da mañá,  á que están convocados os 49 presidentes e presidentas das institucións provinciais acudirá tamén o presidente da FEMP, Abel Caballero, que presentará un informe sobre a situación da reinversión del superávit das entidades locais, a regra de gasto, a taxa de reposición de efectivos e a financiación local.

Esta xuntanza faise en Pontevedra, tras o ofrecemento para acoller á comisión na sede pontevedresa da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva no último encontro celebrado en Castellón.  Precisamente nesta última xuntanza os presidentes e presidentas das institucións provinciais de todo o estado aprobaron unha resolución proposta por Carmela Silva como homenaxe a todos as persoas e efectivos contra incendios que loitaron contra a vaga de lumes sufrida en Galicia, Asturias e Castela-León, no que reclamaron axudas inmediatas para os damnificados e unha nova política forestal preventiva pero que tamén contribúa contra o despoboamento do medio rural.

Na xuntanza de mañá  a comisión de Deputacións da FEMP analizará tamén un informe  sobre as consecuencias para as entidades locais da aplicación da lei de contratos do sector público coa que se traspoñen dúas directivas da Unión Europea sobre a tramitación e a publicidade das contratacións.

Igualmente abordarase a proposta de convenio entre a Dirección Xeral de Tráfico e as deputacións provinciais para o intercambio de información e experiencias en materia de seguridade vial. Tamén tratarase un informe relativo á participación da FEMP no desenvolvemento dun proxecto dun  Tarxeta Social Universal, que se concibe como un catálogo de prestacións públicas tanto de contido económico como de situacións que podan incidir no ámbito social e de vulnerabilidade das persoas.