A Deputación aproba unha nova convocatoria do Plan de Prácticas en Empresas con 101 prazas

Carmela Silva destacou a importancia destas bolsas que favorecen o tránsito que hai entre finalización da formación académica e a obtención dun posto de traballo.
Por o 17/09/2017 | Sección: Deputación de Pontevedra,Emprego,Formación,Galicia,Pontevedra
A Deputación aproba unha nova convocatoria do Plan de Prácticas en Empresas con 101 prazas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de anunciar hoxe a aprobación en Xunta de Goberno das bases que regulan unha nova convocatoria de 101 bolsas de prácticas  dentro do Plan de Práctica Laboral en Empresas Privadas da Provincia de Pontevedra. Segundo explicou Carmela Silva, trátase dun centenar de prazas dirixidas a ter unha primeira experiencia laboral despois de rematar os seus estudos, tanto de titulación universitaria como de grao superior de formación profesional, e favorecer deste xeito o “tránsito que hai entre que se finaliza a formación académica e poder ter un posto de traballo”.

As prácticas desenvolveranse durante un período de 6 meses renovables por outros 6 meses, é dicir, un ano en total e a remuneración será de 800 € ao mes no caso das titulacións universitarias e de 700 € ao mes para o alumnado de formación profesional. A selección das e dos bolseiros e bolseiras realizarase mediante convocatoria pública e o proceso desenvolverase en dúas fases, unha primeira de valoración de méritos e unha segunda de realización dunha proba tipo test. As solicitudes para participar deberán presentarse a través  da páxina web da Deputación www.depo.es.

Segundo sinalou Carmela Silva, en total son 41 as titulacións solicitadas polas empresas nesta ocasión: Ciclo Superior en Administración e Finanzas (4), en Asistencia á Dirección (1), en Desenvolvemento de Aplicacións Web (1), Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia (1), Deseño e xestión da produción gráfica (1), Gráfica Publicitaria, Guía Información e Asistencias Turísticas (1), Xestión de Ventas e Espazos Comerciais (6), Diplomatura / Grao en Ciencias Empresariais (4), Diplomatura / Grao en Educación Social (1), Diplomatura / Grao en Enfermería (2), Diplomatura /Grao en Fisioterapia (6), Diplomatura/Grao en Turismo (3), Diplomatura /Grao en Enxeñería en Organización Industrial (6), Enxeñería en Telecomunicación (1), Enxeñería Informática de sistemas (2), Enxeñería Informática de xestión (5),   Enxeñería Técnica Industrial en Mecánica (5), Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (1), Licenciatura/Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (1), Licenciatura / Grao en Publicidade e Relacións Públicas, (1) Ciclo Superior en Hixiene Bucodental (1), Licenciatura / Grao en Farmacia (3), Ciclo Superior en Automoción (4), Ciclo Superior en Dirección de Servizos de Restauración (5), Licenciatura /Grao en Odontoloxía (1), Ciclo Superior en Programación da Produción en Fabricación Mecánica (2), Ciclo Superior en Paisaxismo e Medio Rural (1), Diplomatura / Grao en Óptica e Optometría (2), Ciclo Superior en Construcións Metálicas (2), Ciclo Superior en Marketing e Publicidade (9), Licenciatura/Grao en Veterinaria (1), Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas (2), Enxeñería Técnica en Telecomunicacións especialidade Telemática (1),  Enxeñería Técnica en Sistemas Electrónicos (1), Ciclo Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos (3), Ciclo Superior en mantemento Electrónico (1), Ciclo Superior en Deseño en Fabricación Mecánica (1), Grao en Deseño Téxtil e Moda (1), Ciclo Superior en Mecatrónica Industrial (1) e Ciclo Superior en Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos (1).

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.