A deputaci贸n aproba en xunta de goberno o proxecto para a mellora integral da r煤a Concepci贸n Arenal en A Guarda

O deputado de Mobilidade Ux铆o Ben铆tez lembra que o orzamento das obras 茅 de 1.598.755 euros e que os traballos te帽en un prazo de execuci贸n de dez meses unha vez comezados
Publicado por o d铆a 09/02/2018 na sección de A Guarda,Deputaci贸n de Pontevedra,Galicia

A deputaci贸n aproba en xunta de goberno o proxecto para a mellora integral da r煤a Concepci贸n Arenal en A Guarda

A Deputaci贸n de Pontevedra aprobou hoxe en Xunta de Goberno o proxecto para a 鈥楻ecuperaci贸n de espazos e mellora da mobilidade peonil na r煤a Concepci贸n Arenal EP-3401 de acceso ao porto en A Guarda鈥. Segundo explica o deputado de Mobilidade Ux铆o Ben铆tez, o orzamento para a actuaci贸n ascende a 1.598.755 euros (financiados ao 70% con fondos provinciais) e a obra ter谩 un prazo de execuci贸n de dez meses logo do inicio, que se prev茅 na primavera.

A mellora integral da r煤a Concepci贸n Arenal, de titularidade provincial, pretende recuperar o espazo p煤blico da r煤a para veci帽as e veci帽os e fomentar un modelo de convivencia co tr谩nsito rodado, sempre coa filosof铆a de que a circulaci贸n peonil debe ser a principal. Deste xeito, o proxecto redactado segundo os criterios do departamento de Mobilidade da Deputaci贸n, afirma Ben铆tez, 鈥渇acilitar谩 e promover谩 os tr谩nsitos peon铆s cara ao Porto, que a d铆a de hoxe est谩n limitados polo tr谩fico rodado e a existencia de beirarr煤as m铆nimas, en mal estado, e con nula accesibilidade鈥.

O 谩mbito de actuaci贸n das obras 茅 de 8.527,85 metros cadrados nunha lonxitude de 670 metros, creando unha plataforma 煤nica desestruturada e non lineal con once redutores f铆sicos de velocidade de veh铆culos, e unha velocidade m谩xima permitida de 20 quil贸metros por hora. Crearase unha grande praza na fronte do convento de San Bieito e darase un novo tratamento para a praza de Avelino Vicente. En ambos casos limitarase o aparcamento actual para recuperar a maior cantidade de superficie de espazo p煤blico para a cidadan铆a.

Segundo explica Ben铆tez, no cruzamento coa r煤a Enrique Mar铆a Sesto e o hotel convento de San Bieito convivir谩n o tr谩fico e a circulaci贸n peonil, transformando o espazo da edificaci贸n relixiosa, potenciando as s煤as caracter铆sticas monumentais. Proponse crear unha 谩rea de descanso e reuni贸n cun espazo verde con 谩rbores e bancos e, do outro lado, unha p茅rgola acompa帽ada tam茅n de bancos. A r煤a res贸lvese nun mesmo nivel e x贸gase cos materiais e texturas, de forma que a parte estritamente peonil levar谩 lousa e a parte rodada unha base de formig贸n negro grafito con bandas transversais. Ao chegar 谩 igrexa producirase un cambio na conformaci贸n do solado, cunha maior presenza de pedra.

Na zona dende o cruzamento coa PO-552 ata a r煤a Enrique Mar铆a Sesto redefinirase a Praza Avelino Vicente. Haber谩 tam茅n un 煤nico nivel con diferentes materiais para os pavimentos e elementos de formig贸n a modo de mobiliario urbano, e a praza consolidarase arredor do monumento existente con d煤as 谩reas de descanso diferenciadas: unha delas en forma lonxitudinal sobre unha das d煤as fachadas acompa帽ada de 谩rbores e zonas de lecer, e a outra disposta arredor dun elementos de formig贸n, con bancos e zonas verdes.

O deputado de Mobilidade destaca que a configuraci贸n na nova r煤a e o aproveitamento por parte da cidadan铆a verase potenciado unha vez que se desenvolva o novo acceso ao Porto que a Xunta debe tramitar como proxecto sectorial pola zona sur. Lembrou que existen tres alternativas dese帽adas pola Deputaci贸n que permitir谩n retirar o tr谩fico pesado do centro da vila, xa que o uso de Concepci贸n Arenal para o transporte de mercador铆as ao Porto non 茅 compatible co seu novo dese帽o. 鈥淓stamos nunha fase na que s贸 debe haber un final: recuperar o espazo para as persoas. E no caso de A Guarda a Deputaci贸n puxo sobre a mesa soluci贸ns a dous problemas da vila: a recuperaci贸n do espazo de Concepci贸n Arenal para os pe贸ns, e varias propostas para crear un novo o acceso ao Porto que agora ten que concretarse e ser realidade da man administraci贸n competente para facelo, a Xunta de Galicia鈥, insistiu.