A Deputación capta novas empresas para impulsar o distintivo de calidade SICTED entre o sector turístico de Pontevedra

Vinte e unha novas firmas pediron a súa inclusión para optar ao selo de calidade turística na xornada desenvolvida hoxe en Pontevedra
Por o 22/02/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra
A Deputación capta novas empresas para impulsar o distintivo de calidade SICTED entre o sector turístico de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra impulsa de novo ao longo deste ano o plan de asesoramento gratuíto entre as empresas turísticas da provincia para implantar o certificado de calidade SICTED. O deputado de Turismo, Santos Héctor, subliñou hoxe nunha sesión informativa sobre o proxecto, que se celebrou na cidade de Pontevedra, que o Plan de Calidade está en fase de aumentar o número de empresas participantes ao citado proxecto e de seguir apostando pola calidade das empresas da provincia de Pontevedra. No encontro, Santos Héctor estivo acompañado por 21 empresas e 2 asociacións, “A Ruta do Viño Rías Baixas” e a “Mancomunidade do Salnés”.

O deputado de Turismo destacou que neste intre existen 263 empresas na provincia que contan co certificado SICTED, 60 máis que o ano pasado, cando o obxectivo marcado pola Deputación de Pontevedra era superar as 250. De feito, Santos Héctor subliñou que neste encontro co sector demostrou que hai un importante interese por solicitar a súa inclusión no SICTED.

Para poder optar á certificación, as empresas deben estar englobadas nalgún dos 32 oficios que identifica o SICTED, que son  praias; bares e cafeterías; axencias de viaxe; guías turísticos; seguridade cidadá; comercios; cámpings; adegas; portos deportivos; palacios de congresos; hoteis e apartamentos; turismo industrial; servizos de limpeza; taxis; albergues; convention bureaux; outros servizos; aloxamentos rurais; artesáns; atraque de cruceiros e ferries; servizos turísticos de saúde; empresas de transporte turístico; estacións de esquí e montaña; espazos naturais protexidos; oficinas de información turística; museos e centros de interese turístico; empresas de turismo activo; escolas de español para estranxeiros; aluguer de vehículos e embarcacións de recreo; campos de golf e campos de pitch&putt; restaurantes e empresas turísticas de catering.

As empresas terán ate o mes de setembro para adherirse ao proxecto pero se queren recibir a formación que impártese ao abeiro do proxecto deberán inscribirse ata o final de marzo. Posteriormente, unha vez finalizado o proceso de formación e asesoramento individual a cada empresa conclúese coa avaliación final. Por último, será Turismo Rías Baixas quen valora as propostas que finalmente obteñan a certificación .

Comentar noticia

Your email address will not be published.