A Deputación cede o uso dunha nova oficina no viveiro de empresas de Barro

A taxa de ocupación das instalacións é dun cen por cen nas naves e do oitenta e tres por cento nas oficinas
Por o 20/02/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra
A Deputación cede o uso dunha nova oficina no viveiro de empresas de Barro

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a cesión dunha oficina de 18 metros cadrados do viveiro de empresas de Barro a unha nova empresa de servizos da propiedade inmobiliaria. A comisión de seguimento do viveiro, que estivo presidida polo deputado, Carlos López Font e a deputada Eva Vilaverde,  e que contou coa presenza do alcalde Barro, Xosé Manuel Abraldes, aprobou hoxe esta nova incorporación, ademais da prórroga da ocupación de tres naves e dúas  oficinas de 25 metros cadrados.

A comisión aprobou a cesión dun espazo á empresa “Buscavivenda SL”, dunha oficina de 18 metros cadrados e as prórrogas de ocupación doutra oficina e dunha nave para Eurotec Inspección S.L. e das naves das empresas de Jose Manuel Camba e  Jesús Manuel Moreira, e a oficina de Juan Aurelio Padín.

Segundo informou o deputado, Carlos López Font, neste intre a ocupación do viveiro de empresas  e dun cen por cen nas naves e do oitenta e tres por cento das oficinas. De feito, so quedan dispoñibles tres oficinas de 18 metros cadrados e unha de vintecinco metros cadrados. Tamén están dispoñibles tres espazos de coworking de trinta e sete metros cadrados. Incluso unha das empresas que ten en concesión unha oficina de 25 metros cadrados está en lista de espera para optar a algunha das naves en caso de quedar libre.

O viveiro de empresas de Barro-Meis conta con 16 naves, 24 oficinas e 3 espazos de coworking con capacidade para 12 postos de traballo. Nel tamén están instalados os servizos de SmartPeme da comarca.

Comentar noticia

Your email address will not be published.