A Deputación destina 200.000 euros para confrarías

A través destas achegas, as entidades poderán afrontar gastos de persoal e impulsar novos investimentos.
Publicado por o día 12/06/2017 na sección de Deputación de Pontevedra,Vigo

A Deputación destina 200.000 euros para confrarías

O Goberno de Carmela Silva vén de aprobar axudas, por valor de 200.000 €, para confrarías de pescadoras e pescadores da provincia. Na comarca de Pontevedra, estas achegas, que permitirán afrontar gastos de persoal e impulsar novos investimentos, benefician con 46.972,37 € a 4 entidades de Poio, Pontevedra e Vilaboa. No sur da provincia apórtanse 52.632,78 € a cinco confrarías de Baiona, A Guarda, Redondela, Soutomaior e Vigo. No Morrazo destínanse 41.986 € a catro de Bueu, Cangas e Moaña. No caso da comarca do Salnés, asígnanse 58.403,95 € a oito entidades de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Sanxenxo,  Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

A presidenta, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción ao ver que “este ano se beneficiaron das achegas tres entidades máis que o pasado ano, cando foron 18 as confrarías que optaron ás axudas”. Tamén indicou Silva a dobre vertente das achegas que, como novidade, este ano conta cunha liña, por valor de 100.000 €, para gastos de persoal, e outra, polo mesmo importe, para novos investimentos.

COMARCA DE PONTEVEDRA

Máis polo miúdo, a través da liña de investimentos catro entidades da área de Pontevedra poderán adquirir equipos informáticos, material e lanchas de vixilancia, mobles, caixas, motores, equipamentos de oficina, material de lonxa, aparellos, substitucións de pantaláns, clasificadoras de moluscos, etc.  En concreto, a Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó en Poio recibirá 2.932,23 €, a de San Telmo de Pontevedra 8.060,14 €, San Andrés de Lourizán 3.624 € e Pedra de Oliveira de Vilaboa 5.527 €.

No caso da liña de gastos de persoal, as achegas tamén se destinan ás mesmas entidades. En concreto, a Confraría de San Gregorio de Raxó en Poio beneficiarase de 4.878 €, San Telmo de Pontevedra 9.756 €, San Andrés de Pontevedra 6.504 € e Pedra da Oliveira de Vilaboa 5.691 €.

VIGO E BAIXO MIÑO

A través da liña de investimentos a Confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona, a de Santa Tegra da Guarda e San Xoán de Redondela recibirán 4.738 € cada unha. A Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Soutomaior beneficiarase de 7.641,78 € e a de San Francisco de Vigo de 3.948 €. Na liña de gastos de persoal a Confraría La Anunciada de Baiona, a de Santa Tegra da Guarda e San Xoán de Redondela recibirán 4.878 € respectivamente. A Confraría Virxe do Carme de Soutomaior beneficiarase de 8.130 € e a de San Francisco de Vigo de 4.065 €.

O MORRAZO

Para investimentos a Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu recibirá 5.527 €, a mesma cantidade que a de San Xosé de Cangas. A Confraría San Cipriano de Aldán, en Cangas, beneficiarase de 2.369 € e a de San Martiño de Moaña de 6.612 €.

En canto aos gastos de persoal, a Confraría de San Martiño de Bueu recibirá 5.691 €, ao igual que a de San Xosé de Cangas. Á Confraría de San Cipriano de Cangas achegaranse 2.439 € e á de San Martiño de Moaña 8.130 €.

O SALNÉS

Para investimentos sete entidades poderán adquirir equipos informáticos, material e lanchas de vixilancia, mobles, caixas, motores, equipamentos de oficina, material de lonxa, aparellos, substitucións de pantaláns, clasificadoras de moluscos, etc.  En concreto, a Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados recibirá 6.317 €, a de San Martiño de O Grove 7.896 €, a de San Xulián na Illa de Arousa 6.317, Santa Rosalía de Sanxenxo beneficiarase de 2.369 €, a Confraría de Santiago Apóstolo de Carril en Vilagarcía de 1.272,98 €, a Virxe do Rosario de Vilagarcía 2.634,97 € e A Pastoriza de Vilanova recibirá 7.107 €.

No caso da liña de gastos de persoal, as achegas destínanse a catro confrarías entre as que se atopan a de San Roque de Portonovo, que recibirá 4.065 €, a de Santiago Apóstolo de Carril en Vilagarcía, que se beneficiará de 7.317 €, a de Virxe do Rosario tamén de Vilagarcía, á que se achegan 5.691 €, e a da Pastoriza de Vilanova que recibirá 7.317 €.