A Deputación de Pontevedra súmase a repulsa contra o terrorismo

A corporación provincial traslada as súas condolencias polos ataques terroristas en Barcelona e Cambrils e a solidariedade coas familias e [email protected] das vítimas.
Publicado por o día 18/08/2017 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Pontevedra

A Deputación de Pontevedra súmase a repulsa contra o terrorismo

A corporación da Deputación de Pontevedra, que preside Carmela Silva, súmase a condena polos atentados terroristas en Barcelona e Cambrils e traslada a súa dor e as condolencias ás familias e [email protected] das vítimas, así como o desexo de pronta recuperación ao máis do centenar de persoas feridas nos ataques.

A Corporación provincial participou na concentración de repulsa aos atentados e de solidariedade coas cidades cataláns, que hoxe tivo lugar diante do Concello de Pontevedra, e expresou a firme defensa dos valores que marcan o noso modelo de vida e a nosa identidade: a liberdade, a democracia e o respecto polos dereitos humanos.

Desde a Deputación de Pontevedra amosamos o rexeito a estes novos actos de violencia que só demostran o despropósito e a barbarie de aqueles que o único que buscan é causar terror a todas as persoas que queren vivir en paz e con liberdade.

Chamamos tamén a cidadanía á sumarse á defensa sen fisuras da loita contra o terrorismo e á colaboración coas forzas de seguridade e dispositivos de emerxencia. Os terroristas poderán causarnos unha enorme dor pero non poderán gañar a batalla da nosa democracia e a nosa convivencia.

Desde este venres a Deputación de Pontevedra súmase o loito oficial de tres días nas administracións públicas. As bandeiras do Pazo provincial ondean a media hasta.