O derradeiro discurso de Beiras como voceiro de Anova

A liorta na Asemblea de ANOVA está a ter consecuencias inmediatas entre a súa militancia. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dixo esta mañá que os implicados xa non están no partido
Por o 20/03/2017 | Sección: Anova,Galicia,Política,Vigo
O derradeiro discurso de Beiras como voceiro de Anova

Peche integro da III Asemblea Nacional de Anova Irmandade Nacionalista.O acto do peche empezouno Gladys Afonso Lobato e logo deu fin á asemblea o fundador Xosé Manuel Beiras Torrado.#anova #anovaIN #IIIAsembleaNacional #XmBeiras #Beiras

Publicado por Rubens Rocha en Domingo, 19 de marzo de 2017

A III Asemblea de Anova celebrada este pasado sábado en Pontevedra rematou coa agardada elección, logo de que non houbera outra candidatura, dunha nova dirección encabezada por Antón Sánchez. Escollido polo 82,3% dos participantes o propio Sánchez valorou que a Asemblea optara por unha renovación que “xa lle tocaba”. Antón Sánchez: As diferenzas no seo de Anova son “normais” en palabras do dirixente nacionalista as que angadiu na súa conta de facebook que non deben repetirse.

Rematou a III Asemblea de Anova.Grazas a todas e cada unha das persoas que traballastes para levala a cabo.Dende xa…

Publicado por Antón Sánchez García en Sábado, 18 de marzo de 2017

Esta Asemblea tamén foi a do adeus na primeira liña da portavocia de Xosé Manuel Beiras. Para Antón Sánchez, o histórico lider nacionalista gañouse todos estes anos xogar o papel que desexe xogar en Anova.

O discurso co que pechou a Asemblea Xosé Manuel Beiras tamén foi significativo, nel o lider de Anova asegurou que a formación ten que marcar os seus propios tempos e analizou o novo panorama político a nivel estatal.

ANOVA e Xeira botan aos que empezaron a liorta na Asemblea

O conflito comezou durante unha intervención de Beiras. Xeira deixa a porta aberta a que os mozos da FPG sancionados volvan á organización no caso de acudiren a talleres de “despatriarcalización”.

A liorta na Asemblea de ANOVA está a ter consecuencias inmediatas entre a súa militancia. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dixo esta mañá que os implicados xa non están no partido.

Anuncio de Martiño Noriega

“Cóstame que nestes intres xa non forman parte da organización” declarou o luns o edil, que en todo caso puntualizou que el xa non forma parte da directiva de ANOVA, polo que deben ser os órganos oficiais quen aclaren as medidas adoptadas.

O mandatario nacionalista cualificou de “anécdota desagradable o sucedido”. Un suceso contraditorio, na súa opinión, porque o resto da Asemblea, no que finalmente só houbo unha lista candidata á dirección, foi tranquilo.

Comunicado de XEIRA

Xeira, as mocidades vinculadas ao partido FPG, cuxa militancia se integrou en ANOVA, tamén reacionou rápidamente. Este domingo facía público un comunicado de “autocrítica” no que mostra o seu desmarque ante “conductas tóxicas”. Para os implicados, Xeira anunciaba a “consecuente separación inmediata da militancia da nosa organización”. O colectivo de mozos tamén lanza as  “máis honestas e enérxicas desculpas” ante o “dano que militantes nosos puideran ter ocasionado ao movemento popular”.

A expulsión destes individuos de Xeira pode ser só unha medida provisional. Así, a organización próxima a Frente Popular Galega sinala que as medidas son temporais, “ata que se demostre predisposición e formas para volver a militar, á vez que mentres non militen serán emprazados a acudir de forma periódica a talleres de formación implantados por compañeiras sobre despatriarcalización das prácticas socio-políticas”. Para eles o sucedido débese en parte a “unha forma estrutural do patriarcado” que cómpre corrixir.

Crónica do suceso

O detonante foi a intervención dun militante de Cangas que, desde o público, cuestionaba as palabras de Beiras cando defendía a unidade popular pola que aposta Anova e reivindicaba a súa incuestionable traxectoria nacionalista, mesmo como membro de En Marea.

Estas afrontas desde o público motivaron que o secretario de Organización saínte, Rafael Dopico, pedise a este militante que falaba desde o público respectar a intervención de Beiras –nese momento no uso da palabra–.

Á súa vez, orixinou as protestas dalgún membro do colectivo Xeira pola actitude deste militante –que, segundo confirmaron fontes desta organización a Europa Press, xa non pertence á FPG–.

Ovación, aperta e rifa

Tras a intervención de Beiras houbo unha forte ovación e mesmo o veterano político abrazouse con Méndez Ferrín, histórico da FPG. Con todo, ao mesmo tempo que se puña a xente en pé para aplaudir ao histórico dirixente de Anova, un grupo de mozos de Xeira, que segundo fontes consultadas por Europa Press afiliáronse nos últimos meses á organización nacionalista, enfrontáronse aos militantes que increparon a Beiras e a situación acabou con empuxóns e patadas.

Rubens Rocha

Nado en Vigo hai 35 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.