Desafiuzamento 3 menores e a súa nai

Publicado por o día 03/11/2018 na sección de Galicia,PAH Vigo,Social,Vigo

Desafiuzamento 3 menores e a súa nai

Este próximo mércores dia 7 ,unha nai con tres menores vai ser posta na rúa cos seus tres fillos menores de idade porque BBVA vende inmobles con familias dentro a fondos voitre ,como neste caso a CERBERUS.
 
Trátase dunha nai que vive con escasos 500 € na cidade olivica da rúa Aragón e pagaba na o antigo propietario, este foi executado as vivendas que alugaba polo BBVA e o banco consciente de que había familias nesas vivendas ,sen ofrecer opción algunha vendeu os inmobles a un fondo Voitre, CERBERUS.
 
As administracións, primeiro o Concello nin tan sequera recibe a esta familia ,que pasou polos Servizos Sociais e entrego un escrito por rexistro pero nin están nin se lles espera.
 
Segundo, a Xunta non se molesta en asinar un novo convenio de “Vivendas Baleiras” que tanto vendeu e é que como a pobreza hai que escondela porque non dá “VOTOS” esta familia verase na rúa mentres as Institucións pásanse a pelota e paradoxalmente en Galicia temos 300.000 vivendas BALEIRAS e as entidades financeiras teñen un número considerablemente de vivendas ante unha negociación para recuperalas porque a pesar do que se di, os desafiuzamentos continúan sendo unha triste realidade.
 
Ante isto a PAH VIGO TUI ven a anunciar dous camiños:
  • Suspenden e ofrecen alternativa habitacional seguindo o ditame da ONU xa sexa BBVA/CERBERUS ou as Administracións.
  • Ou esta cidade vivirá un escándalo por deixar a 3 menores na rúa e convocarmos para próximo dia 7 unha concentracion na rúa Aragón ás 11 da mañá para impedirlle desaloxo.

3 Respuestas a "Desafiuzamento 3 menores e a súa nai"