Desafiuzamento de UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios) a unha nái de 80 anos e sua filla con un bebé

Por o 20/07/2015 | Sección: PAH Vigo,Social
Desafiuzamento de UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios) a unha nái de 80 anos e sua filla con un bebé

UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios) quere quedarse con duas vivendas: 

A dos “titulares” e a dos “avalistas”. A titular chámase Rosa, ten un bebé de meses, perdeu o seu emprego …

A súa nai de 80 anos avalóuna coma moitos pais ou avós a casa da súa filla sen saber que agora responde coa súa casa.

¡NON PODEMOS PERMTIR ESTE ATROPELO!, UCI /SANTANDER NÉGASE A ÚN ACORDO XUSTO, “…O SEU OBXETIVO É DESPOXÁLAS DAS DÚAS CASAS E DARLLES 1 ANO DE ALUGUER SOCIAL” 

E DICIR,  ¡¡QUEDARSE CON DÚAS CASAS E CONCEDER UN RIDÍCULO ALUGER POR UN ANO!! 

¡¡¡NON PODEMOS CONSENTILO !!!

Dende o día 21 ate o día 24, estaremos na sé de UCI na Rúa Colón, 33-35

Comezamos,

MARTES 21 ás 19h30.
MÉRCORES pola mañá a partir da 11h30.
XOVES tarde, as 19h30.
VENRES pola mañá a partir da 11h30.

¡¡VIGO SEN DESAFIUZAMENTOS!!,
¡¡PAREMOS ESTO !!.

As entidades financeiras concederon a través de UCI préstamos a mozas, poboación migrante e persoas con intención de cambiar de casa con escasa solvencia económica. Aparecen indicios de estafa na concesión de tales préstamos ao provocar endeudamientos durante décadas con falta de información e engano achega do risco contraido. Os préstamos inclúen ademais condicións declaradas abusivas polos tribunais, un abuso que se multiplica nos casos de renegociación de débeda nos que UCI impón condicións usurarias como a capitalización de intereses durante o periodo de duración dos acordos.

Unha estafa acompañada da practica do IRPH .

¡¡Non deixemos que UCI consiga votar a rua a una anciana e sua Filla en paro con unha menor !!

TODOS A PARAR Ó DESAFIUZAMENTO

PRENSA PAH VIGO TUI

Noticias de última hora en Vigo