Desaloxado un edificio en Santiago a causa dun incendio nunha vivenda

Por o 22/01/2018 | Sección: Sucesos
Desaloxado un edificio en Santiago a causa dun incendio nunha vivenda

Un ordenador puido ser a orixe dun lume rexistrado nunha vivenda de Santiago de Compostela. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, iso si, o edificio situado na Rúa do Ceo foi desaloxado por precaución.

Ao fío das 11:15 horas desta mañá, o mesmo propietario do inmoble indicaba ao 112 Galicia que saía fume do baixo que tiña alugado. Nese intre, non había ninguén no seu interior.

Decontado, tras recibir a chamada do alertante, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en alerta aos Bombeiros da cidade. Ademais, solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local e de Protección civil.

Unha vez extinguido, os membros de extinción confirmaron que arderon diversos electrodomésticos do interior da vivenda e que a bóveda do local tamén resultou afectada.

Os veciños xa retornaron ás súas vivendas.