Desaloxado un edificio en Vigo a causa dun incendio nun garaxe

Publicado por o día 23/05/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Desaloxado un edificio en Vigo a causa dun incendio nun garaxe

Un incendio nun garaxe, situado na Rúa Sanxurxo Badía, na parroquia de Teis, en Vigo, mobilizou esta madrugada aos servizos de emerxencia e obrigou, por precaución, ao desaloxo dun edificio de dez andares. Afortunadamente, non se rexistraron danos persoais.

No interior do garaxe arderon por completo varios vehículos, cinco coches e unha furgoneta. Ademais, debido á virulencia do lume, viuse afectada polas lapas, a estrutura do inmoble.

Nada mais recibir o aviso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Arteixo, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén, os xestores de emerxencias informaron ao Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que por fortuna, non foi precisa a súa intervención.

Tras extinguir o incendio, pasados uns minutos das cinco e media da madrugada, os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que parte dos veciños das vivendas desaloxadas puideron volver ás súas casas con normalidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.