Desbloqueada a sinatura do contrato das piscinas de Campolongo

Publicado por o día 17/09/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Desbloqueada a sinatura do contrato das piscinas de Campolongo

O Concello de Pontevedra está en disposición de asinar o contrato de reforma e explotación das piscinas de Campolongo coa empresa Serviocio, logo de que “desapareceran todos os atrancos administrativos”, segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González, esta mañá. “Poríase fin á interinidade que temos nestes momentos”, aclarou Raimundo González.

Trátase dun proxecto que suporá unha remodelación integral das piscinas de Campolongo cun investimento de 35 millóns de euros (nos vindeiros 20 anos). O investimento previsto para a remodelación do edificio é de 4,6 millóns de euros, pretende gañar espazo para a actividade deportiva, e subrrógase o persoal.

A empresa terá un prazo de 40 días para a presentación do proxecto definitivo, despois da sinatura do contrato.