Descenso do paro en Mos? Outro engano do goberno da Sra. Arévalo para GañaMos

Publicado por o día 30/08/2017 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

Descenso do paro en Mos? Outro engano do goberno da Sra. Arévalo para GañaMos

De novo o goberno da sra. Arévalo nos minte descaradamente, sen vergoña algunha manipulan a información para alardear dunha reducción do paro no noso concello, denuncian desde o grupo municipal GañaMos.

Se gaban de acadar 113 parados menos cando a realidade é que a poboación activa baixou neste ano de 9.071 en xaneiro a 8.911 en xuño, 100 persoas menos que emigraron, desapareceron ou desistiron de atopar traballo e por iso reducese o número de parados/as.

De feito, no segundo cadro, o número de afiliados/as á Seguridade Social é menor que a principios de ano, o que evidencia que non se crearon postos de traballo senón o contrario.

Un resultado moi pobre para fachendearse sendo xuño ademáis un mes no que historicamente baixa o paro pola estacionalidade do sector servicios, manifestan desde GañaMos.

Por se fora pouco, se entramos en detalles sobre o tipo de contratación efectuada atopamonos cunha tremenda precariedade cunha maioría contratos xa non de semanas senón de días ou mesmo horas.

GañaMos pide

Pedimos á sra. Arévalo que rectifique, que deixe de enganar a veciñanza en vez de acadar solucións.