Desde Cidadáns Cambados alértase do mal estado de mantemento da Casa de Cultura de Castrelo

Sergio Abal: “É urxente acometer reformas nas súas instalacións. Os danos son evidentes, sobre todo nunha das súas fachadas laterais, que cae a pedazos”
Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Desde Cidadáns Cambados alértase do mal estado de mantemento da Casa de Cultura de Castrelo

Desde Cidadáns Cambados solicítase ao concello acometer de maneira urxente traballos de mantemento na Casa de Cultura de Castrelo.

Sergio Abal, coordinador de Cs Cambados sinala como os propios veciños da zona foron os encargado de trasladar a súa preocupación polo mal estado das instalacións, algo do que desde Cidadáns fanse eco xa que , tal e como sinala Sergio Abal, “as paredes exteriores presentan un estado de abandono total, sucias e gretadas, e a maleza empézase a apoderar das beirarrúas próximas”.

Por este motivo, desde Cs Cambados presentouse un escrito no consistorio municipal solicitando por rexistro que se tomen as medidas necesarias de conservación da Casa de Cultura de Castrelo, en especial, sinala o coordinador de *Cs, “unha das súas fachadas laterais, que cae a pedazos” recalca Abal.