Desde Cidadáns Silleda pídese información sobre o financiamento da Rede de Calor e explicacións sobre o seu mal funcionamento

Salomé Taboada: “ademais de esperar respostas en canto ás dúbidas que presenta o financiamento da obra, imos solicitar por rexistro ao alcalde un informe do funcionamento do sistema”
Publicado por o día 31/01/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Silleda

Desde Cidadáns Silleda pídese información sobre o financiamento da Rede de Calor e explicacións sobre o seu mal funcionamento

O proxecto de instalación da Rede de Calor presenta moitas dúbidas desde os seus inicios” explica a portavoz de Ciudadnaos en Silleda, Salomé Taboada, expresando así as dúbidas que este sistema xera desde hai xa tempo. A portavoz local de Cs explica que desde o Comezo esta rede de instalación xa estivo rodeado de certa polémica, “cando a opción seleccionada foi a máis económica, a pesar de existir outras tecnicamente máis avanzadas, vistas con bos ollos polos propios técnicos municipais”.

Desde Cidadáns explícase sobre este asunto que o orzamento establecido para a Rede de Calor era de 816.587,67€, do cal o 80% correspondíalle financialo ao INEGA e o 20% restante custeábao o Concello (163.317,534€), cantidade que solicita e obtén da Deputación de Pontevedra.  Por mor destes feitos, desde a formación laranxa pregúntanse “¿en que se reinvestirán os fondos comprometidos por parte do Concello que ao final achega a Deputación?”.

Outro dato para ter en conta, é que o Alcalde na sesión plenaria do 06/04/2018 indica que se dotou de Rede de Calor a dúas entidades privadas que achegarán “aproximadamente” 35.000€/entidade “para cubrir parte do 20% que lle corresponde pagar ao Concello”, o cal, desde Cs , comprobouse “que non é certo”. Por tanto, Taboada pide explicacións ao alcalde e pregunta “¿a que se están destinando estas achegas privadas?”.

Inicialmente poderíase pensar que esa cantidade empregaríase para pagar o terreo que o Concello comprou á Fundación Semana Verde para as instalacións da Rede de Calor, pero novamente solicitouse e obtivo da Deputación unha nova subvención polo importe total do valor de compra do terreo: 114.327,87€.

Ademais destas dúbidas ao redor do financiamento, destacar que só se acometeu a realización da primeira fase; a Rede de Calor leva funcionando dous meses e nese tempo deixou de estar operativa en polo “menos catro ocasiones”, segundo persoal relacionado directamente coa operatividade do sistema. Polo que “ademais de esperar respostas en canto ás dúbidas que presenta o financiamento da obra, imos solicitar por rexistro ao alcalde un informe do funcionamento do sistema”, conclúe Taboada.