O Parlamento insta á Xunta para que adxudique a construción do desdobramento do Corredor do Morrazo antes que remate o 2015

Publicado por o día 30/10/2014 na sección de Partido Popular,Política

O Parlamento insta á Xunta para que adxudique a construción do desdobramento do Corredor do Morrazo antes que remate o 2015

РCo ̼nico voto favorable do Partido Popular, xa que PSOE e AGE votaron en contra desta iniciativa, na que o BNG se abstuvo

– “Trátase dun obxectivo irrenunciable para o PP, logo de que este corredor fora unha actuación iniciada por un Goberno popular e se vaia a rematar con outro goberno popular”, afirmou o portavoz de Infraestruturas, Alejandro Gómez Alonso.

 O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de PSOE e AGE, e a abstención do BNG, a través da que se insta á Xunta de Galicia a blindar e apoiar o novo proceso construtivo do desdobramento do Corredor do Morrazo, priorizando e axilizando a adxudicación da construción antes de que remate 2015 dos tres treitos da futura autovía: Rande-Domaio, Domaio-A Fraga e A Fraga-Cangas. “Trátase dun obxectivo irrenunciable para o Partido Popular, logo de que este orredor fora unha actuación iniciada por un Goberno popular e se vaia rematar con outro goberno tamén do PP”, manifestou o portavoz de  infraestruturas, Alejandro Gómez Alonso.

Na súa intervención, Gómez Alonso considerou “indiscutible” que a Xunta “considera fundamental converter o corredor do Morrazo en autovía para reducir os problemas de capacidade e seguridade viaria, ao tempo que mellorar a estrutura territorial de comunicacións desta comarca co eixe atlántico”.

PRIORIZAR INVESTIMENTOS

“Tendo en conta a situación económica actual, que obriga á priorización de investimentos, e co obxectivo de facer viable a execución desta infraestrutura, a Xunta de Galicia decidiu dividir a actuación en tres subtreitos, iniciándose os traballos polo subtreito de 3,25 quilómetros. comprendido entre Rande e o enlace de Domaio”, explicou o portavoz popular.

Gómez Alonso explicou que, logo de que se tivera que realizar un novo proxecto de desdobramento do corredor do Morrazo en 2013, “non enganamos a ninguén cando afirmamos que buscaríamos outras fórmulas para facer realidade esta infraestrutura”. Neste sentido, concretou que este corredor “foi unha actuación iniciada por un Goberno do PP e practicamente rematada por un Goberno do PP, aínda que foran outros os que a inauguraran e se quixeran atribuír unha obra na que se investiron 96 millóns de euros”.

PRENSA GRUPO POPULAR