Desenvolver as ferramentas dixitais para o sector agro-gandeiro, obxectivo do encontro de Regades con Unións Agrarias

Publicado por o día 09/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

Desenvolver as ferramentas dixitais para o sector agro-gandeiro, obxectivo do encontro de Regades con Unións Agrarias

Establecer liñas de colaboración entre a Zona Franca e o sector primario agro-gandeiro que impulsen a competitividade dun sector básico na economía de Galicia foi o centro do encontro mantido entre David Regades e a directiva do sindicato Unións Agrarias. Concretamente Regades expúxolles que en Zona Franca dispóñense de ferramentas que axudan a desenvolver e fortalecer a estratexia de calquera produto baseado na análise dos seus competidores mediante o servizo de información empresarial ARDÁN e tamén outras utilidades como os programas de aceleradoras de empresa como ViaExterior deseñada para promover, acelerar e aumentar a probabilidade de éxito no proceso de internacionalización das pequenas empresas galegas.
 
Para a comercialización dos produtos agro-gandeiros os dirixentes sindicais tamén conversaron con Regades sobre a importancia difundir entre os seus asociados as oportunidades que se abren para estes pequenos produtores nun escenario dixital tanto para o mercado nacional como internacional e da necesidade de mellorar a formación nestes campos para coñecer as principais ferramentas para e- commerce baseado en tenda online e as posibilidades das redes sociais. Coñecementos que tamén se desenvolven desde os programas de emprendemento de Zona Franca en
 
Para defender un desenvolvemento equilibrado do medio rural, Unións Agrarias atende aos seus asociados a través dunha rede de oficinas 31 oficinas repartidas por todo o territorio galego. Forma parte da estrutura da Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA), unha organización a través da cal participa e canaliza a súa actividade representativa en España e na Unión Europea.
 
Ao encontro co Delegado do Estado asistiron Roberto García, que é o Secretario Xeral de Unións Agrarias desde 1987; Javier López, secretario de Asuntos Económicos e Área Interna e Félix Porto, responsable da área Externa.