Desfruta dos mellores xogadores de bádminton de España esta fin de semana no pavillón municipal

Publicado por o día 10/01/2020 na sección de Galicia,Ponteareas

Desfruta dos mellores xogadores de bádminton de España esta fin de semana no pavillón municipal

A concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, convida a toda a cidadanía a desfrutar da liga estatal de bádminton que terá lugar esta fin de semana, 11 e 12, no pavillón municipal Álvaro Pino de Ponteareas.

Organizada polo Club Bádminton As Neves en colaboración co concello de Ponteareas, co concello das Neves e con Suflenorsa, Ponteareas acollerá a cuarta xornada na que haberá 15 encontros repartidos en 3 encontros no sábado e 3 no domingo.

A entrada será totalmente de balde e suporá unha ocasión única de ver aos mellores xogadores de bádminton de toda España o sábado de 11 a 20 horas e o domingo de 09:30 a 15 horas.