Desmentido sobre as declaracións realizadas dende a Xerencia de Santiago sobre os reforzos de persoal no Servio de Urxencias

Publicado por o día 08/01/2018 na sección de SAGAP,Sanidad,Sindicatos

Desmentido sobre as declaracións realizadas dende a Xerencia de Santiago sobre os reforzos de persoal no Servio de Urxencias

Dende o Sindicato SAGAP ( Sanitarios Galegos Púbicos ) veñen a DESMENTIR as declaracións aos medios realizados polo Sr. Director de Procesos sen Ingresos do CHUS , D. Antonio Álvarez en relación aos “supostos reforzos de persoal” que segundo el “manteranse” no servizo de “urxencias”. En primeiro lugar aclarar que para que algo “se manteña” é imprescindible que exista de antemán, e este non é o caso.

Ata o día de hoxe os únicos contratos de reforzo que se realizaron neste servizo son: UNHA ENFERMEIRA E UNHA AUXILIAR DE ENFERMERIA de luns a venres en quenda de 12.00 a 19.00 hrs e UNHA AUXILIAR DE ENFERMERIA EN quenda de mañá . Aclarar que estas presenzas , lonxe de ser consideradas como un verdadeiro reforzo da unidade , veñen en realidade a facerse cargo de zonas de atención do servizo que en situacións normais atópanse sen actividade , e supoñen a dotación mínima necesaria para que estas zonas funcionen e momentos de alta demanda .

O resto de “reforzos” que se producen no servizo , teñen lugar de maneira moi puntual en momentos de “colapso”, por mobilización de persoal doutras unidades do hospital ( restando así efectivos no resto do hospital) ou se non é posible, por contratacións esporádicas “in extremis “ , que chegan cando poden e non de maneira previamente programada . Dicir que normalmente é o persoal de propio do propio servizo de urxencias o que se reforza a si mesmo movéndose dun posto a outro en función da demanda ou asumindo estas zonas novas en momentos de excesiva afluencia e deixando tamén o seu posto sen atender ou a unha compañeira facéndose cargo de dúas zonas de traballo .

En canto ao suposto reforzo dun celador en quenda de tarde , este vén producíndose desde hai xa meses e nada ten que ver coa maior afluencia pola gripe , senón por unha dotación totalmente insuficiente desta categoría no servizo .

Así mesmo , a presenza dun médico máis en quenda de tarde é asumido ata agora por un médico do propio servizo que engade máis horas á súa carteleira anual , xa bastante excedida .

Engadir que a dotación de persoal do servizo de urxencias é xa de seu una das menores dos hospitais do Sergas , mentres que doutra banda a súa afluencia é unha das maiores . Como datos que resultan suficientemente reveladores :

*Dotación Persoal de Enfermería : Coruña 78, Vigo 88, Santiago 70

*Dotación Persoal Técnico Auxiliar de Enfermeria : Coruña 62 Vigo 61, Santiago 44.

*Dotación Celador Coruña 42, Vigo 89, Santiago 24

Por tanto , as declaracións realizadas por parte do representante da xerencia de Santiago , aínda que poden resultar tranquilizadoras para a sociedade en xeral , resultan falsas e humillantes para un persoal que veu dando máis con menos durante moito tempo pero que está a chegar a un límite insoportable .

Por ouro lado , discrepamos tamén das manifestacións realizadas polos representantes do sindicato medico en canto a atribuír dificultades para traballar ao sistema de triaje Manchester (sistema dabondo avalado , contrastado e implantado en numerosos paises) e aos circuítos de enfermería . Entendemos que non é momento de realizar demandas corporativistas e si de sumar esforzos en reclamar as verdadeiras necesidades que afectan a todo o equipo multidisciplinar que en urxencias debe imprescindiblemente funcionar de maneira organizada e baixo circuítos protocolizados que garantan unha debida asistencia de calidade e segura para os pacientes e para o persoal.