Despiden o ano cun novo acto en solidariedade con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez

A CIG, CCOO e UGT urxen a concesión do indulto para os dous traballadores condenados a cadea
Por o 22/12/2016 | Sección: CC.OO,CIG,Protestas,Sindicatos,UGT,Vigo
Despiden o ano cun novo acto en solidariedade con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez
Compartir en:

As centrais sindicais participaron hoxe na concentración de apoio a Carlos e Serafin, tivo lugar esta tarde noite as 20h na farola da rúa Urzaiz, en Vigo. Desde as centrais se manifestan decindo “calquera de nós pode atoparse nunha situación similar en calquera momento”.

As centrais CIG, CCOO e UGT remataron o ano cunha nova mobilización en solidariedade con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores vigueses condendos a tres anos de prisión por participar na folga provincial do transporte en 2008.

A CIG, CCOO e UGT despediron 2016 cunha nova mostra de solidariedade cos dous traballadores inxustamente condenados e que levan máis de tres anos agardando por un indulto que non dá chegado e que os mantén -tanto a eles como ás súas familias- nunha situación de incerteza. Os tres sindicatos continuarán a reclamar unha medida de graza que evite a entrada en prisión de dúas persoas que o único que fixeron foi defender os seus dereitos e os dos seus compañeiros/as do sector do transporte, esixen o indulto imediato.