Despois de ano e medio de “negociación” fracasada polo empeño dos empresarios do sector privado da sanidade folga.

Por o 08/02/2018 | Sección: Sanidad,Sindicatos
Despois de ano e medio de “negociación” fracasada polo empeño dos empresarios do sector privado da sanidade folga.

Despois de ano e medio de “negociación” fracasada polo empeño dos empresarios do sector privado da sanidade de seguir precarizando o sector, os sindicatos UGT, CCOO e CIG decidieron convocar  folga os días 7, 14, 21, 26 e 27 de marzo.

A actitude da patronal é inadmisible. Primeiro negáronse a negociar o convenio que rematou en decembro do 2013 e despois enlenteceron e torpedearon a negociación ofertando o martes día 6 unha oferta dunha paga non consolidable do 0,65% polos 3 anos (14,15 e 16) e incrementos do 1,25 para 2017, 1,50 para o 18 e 1,75 para o 19.

Na xornada laboral non moveron ficha e siguen propoñendo 1.763 horas / ano, lonxe das 1.729 reivindicadas polos sindicatos. Non melloran ningún dos  demaos conceptos: pluses, licencias,etc e incluso empeoran algunhas cuestións que a lei establece como é o dereito a acompañar a un fillo-a menor o pediatra.

Por elo, CCOO, CIG, UGT ACORDAMOS CONVOCAR AS SEGUINTES MOBILIZACIÓNS.

– Os 5 días de FOLGA no vindeiro mes de marzo.

– Asembleas informativas os días 27 de febreiro en Vigo e o 28 en Pontevedra.

– Nas asembleas pediremos a ratificación da folga e a súa posible ampliación no mes de Abril si non hai modificación dos empresarios e outras medidas de presión.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.