Despois dos lumes chega o lixo incontrolado

Publicado por o día 31/10/2017 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Sucesos,Vigo

Despois dos lumes chega o lixo incontrolado

Un paseo matutino no día de hoxe polos numerosos carreiros dos parques forestais da cidade de Vigo pode resultar unha alternativa para saír da urbe contaminada polos numerosos gases dos vehículos, son numerosos vigueses e viguesas que apostan por ter contacto coa natureza. Pois esta mañá un veciño da cidade foi a pasear pola contorna do Monte da Sobreira, Valladares.

Cal foi a súa sorpresa e asombro que entrando por un dos seus tramos atopouse con un amplo equipamento de oficiña con seus monitores de computadoras, dito lugar debe estar totalmente limpo xa que dito lugar foi pasto das lapas o pasado 15 de outubro.

Este veciño non dubidou en compartir as fotos na social media Facebook, nas fotos adxunta un texto que di “Despois do lume, chegán os Reixes Magos. Monte da Sobreira, Valladares”. Este medio faise preguntas como “aínda hai xente irresponsable e porca?” “Quen é o culpable de que isto se atope nunha seda recen calcinada polas lapas?”.

Este medio pregúntase a quen corresponda do concello da cidade de Vigo se realmente hai patrullas forestais que controlen a limpeza das sendas ou hai patrullas de control de verteduras ilegais, esperamos que a institución ou a institución que corresponda dean contestación a este medio ante este suceso coma tamén que atopen aos seus responsabels.

Fotos