Despregan unha bandeira galega xigante en Vigo para reivindicar a soberanía para Galiza

BNG e Galiza Nova iniciaron a III Semana da Patria Galega en Vigo co despregamento dunha bandeira galega xigante nas inmediacións do castelo do Monte do Castro.

Esta mañá militantes de Galiza Nova e mais do Bloque Nacionalista Galego despregaron unha bandeira xigante da patria no monte do Castro, nas inmediacións do antigo castelo. A acción enmárcase dentro dos actos da III Semana da Patria para "afirmar o noso orgullo de sermos galegos e galegas e reivindicar o noso dereito como pobo a decidir o noso propio futuro conquistando a plena soberanía nacional para Galiza”, explican desde a fronte nacionalista. Unha reivindicación que este ano ten un tratamento máis especial, ao se cumprir cincuenta anos da recuperación da celebración do Día da Patria Galega, impulsada polo nacionalismo galego na altura de 1968.

Os actos da III Semana da Patria continuarán este domingo, cun roteiro reivindicativo na Illa de San Simón, no que o deputado Luís Bará exercerá de guía.

Programa completo aquí: http://bit.ly/2me7MYD

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM