O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu a mañá de onte á II Xornada Galega sobre Enfermidades Neuromusculares no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde sinalou que a prioridade do Goberno galego é ofrecer os mellores coidados ás persoas con enfermidades neuromusculares.
O director xeral destacou que a Xunta de Galicia traballa para mellorar a atención á dependencia no ano 2020. Para iso, incrementará nun 5,2% os fondos destinados a este fin ata chegar aos 450 millóns de euros, isto é, seis de cada dez euros xestionados por pola Consellería de Política Social.
O principal obxectivo destas xornadas é informar e concienciar a profesionais sanitarios e público en xeral acerca das enfermidades neuro musculares e as súas repercusións biopsicosociales, así como ofrecer recursos a pacientes e familiares que lles poidan servir como ferramentas para a súa vida diaria e fomentar hábitos sans que favorezan a saúde individual e colectiva.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.