O destino Galicia estase a presentar esta fin de semana en Irlanda a través da feira Holiday World Show

Camiño de Santiago, a enogastronomía e os recursos naturais son os produtos máis demandados polo público deste país
Por o 28/01/2018 | Sección: Turismo
O destino Galicia estase a presentar esta fin de semana en Irlanda a través da feira Holiday World Show

A oferta turística da Comunidade galega está presente esta fin de semana na XXVIII edición da feira Holiday World Show, a principal cita turística do ano en Irlanda.

Desde onte, Turismo de Galicia participa neste encontro comercial co fin de promover os recursos, produtos e servizos turísticos da Comunidade neste mercado emisor que cada ano é máis importante para o turismo galego.

Así, a afinidade cultural que o público irlandés atopa en Galicia, así como o crecente interese polo Camiño de Santiago, a natureza e a enogastronomía, fan desta feira unha plataforma moi axeitada para divulgar os valores turísticos galegos neste mercado.

Demanda

Polo que respecta á demanda turística no ano 2017, foron algo máis de 50.000 os irlandeses que se aloxaron en establecementos hoteleiros galegos.

Neste sentido, Irlanda representa o 3,4% do total internacional da Comunidade. É o sétimo mercado en orde de importancia por detrás dos cinco principais europeos –Portugal, Alemaña, Italia, Francia e Reino Unido- e de EE.UU.

Ao longo do ano 2017, este mercado emisor presentou un comportamento positivo en relación a 2016, superando nun 6,7% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 12,4% o volume de noites dos anteriores 12 meses.

Canto ao Camiño de Santiago, o pasado ano, 6.647 peregrinos irlandeses realizaron a ruta xacobea, preto dun 2% máis que en 2016. Irlanda foi o sexto país estranxeiro que máis peregrinos achegou.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.