Desvalixan as taquillas dos vestiarios do persoal do Pac de Pizarro

Publicado por o día 17/10/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Sucesos,Vigo

Desvalixan as taquillas dos vestiarios do persoal do Pac de Pizarro

Os feitos ocorreron esta noite pasada, cando o persoal do Pac dispoñíanse a cambiarse para irse para os seus domicilios, o Pac de Pizarro carece de seguridade privada e de botón de pánico.

Os profesionais que prestan atención no Pac nalgunhas ocasións temen pola súa integridade ao ver que pacientes se encaran gritándolles de malas formas, algúns dos profesionais cos que este diario falamos gustaríalles contar cun botón de pánico para poder apertalo cando a situación ponse incontrolada, NoticiasVigo.es fíxose eco de varias agresións na recepción/admisión.

O colmo ocorría esta pasada noite, cando o persoal dirixíase a cambiarse para irse para os seus domicilios cando atoparon as suas taquillas desvalixadas, en ambos vestiarios no de mulleres e no de homes, estes realizaron unha chamada á policía para dar parte do sucedido, a policía acudiu ao PAC para facer a suas pesquisas, persoas do PAC de Pizarrro atoparon os seus maletíns de traballo nun contedor das inmediacións con todas as súas ferramentas de traballo exparcidas, todo tende a que a persoa que desvalixou as taquillas buscaba diñeiro en efectivo.

Varias persoas traballadoras do Punto de Atención Continuada a este medio manifestaron da urxencia de que a dirección do CHUVI poña vixiantes de seguridade como tamén a colocación de botóns do pánico, cabe sinalar que calquer persoa ten acceso a todo o complexo e con elo a posibilidade de facer calquer falcatruada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.