Desviado o tráfico da A-55 á altura de Tui debido a un choque entre dous camións

Un home que circulaba nun camión resultou ferido esta mañá ao colidir contra outro na A-55, ao seu paso por Tui. Por mor do accidente, o tráfico na autovía foi desviado no punto quilométrico 29  en sentido a Portugal pola saída de Randufe.

O sinistro produciuse ao fío das 11:45 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Porriño, á Policía Local de Tui e ao servizo de mantemento da vía de circulación.

Arestora, os servizos de emerxencia traballan para asegurar as condicións de seguridade na autovía.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario