Detención de dúas persoas por un presunto delito de tentativa de roubo con forza

Publicado por o día 17/07/2020 na sección de Galicia,Pontevedra,Sucesos

Detención de dúas persoas por un presunto delito de tentativa de roubo con forza

A Policía Local de Pontevedra detivo este pasado mércores, 15 de xullo, a dous homes, de 38 e 22 anos de idade, por un presunto delito de tentativa de roubo con forza.

Os feitos ocorreron sobre as 23:45, cando unha patrulla desprazase ata rúa Eduardo Branco Amor por un alerta de ruídos procedentes dunha vivenda deshabitada, sen saber si eran os donos ou ocupas.

Os axentes observan a dous homes no interior da citada vivenda, manifestando que estaban vivindo na mesma porque non tiñan onde vivir. Ante os feitos, os axentes da Policía Local de Pontevedra procederon a identificación dos mesmos e abandonan o lugar.

Posteriormente e tras consultar os datos de filiación dos citados homes, un dos identificados non concorda cos datos facilitados, polo que novamente acoden á nave.

Cando regresan ao lugar, os axentes observan como estas persoas trataban de forzar a porta dunha nave que se atopaba nas inmediacións da vivenda deshabitada utilizando diversas ferramentas.

Ante os feitos, os axentes da Policía Local de Pontevedra, procederon a detención destas dúas persoas por un presunto delito de tentativa de roubo con forza.

Comentar noticia

Your email address will not be published.