Deteñen a un home nun control porque este estaba en vigor a súa entrada en prisión

Publicado por o día 11/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Deteñen a un home nun control porque este estaba en vigor a súa entrada en prisión

Na tarde do mércores ás 16:30 horas na rúa Travesía de Vigo. Membros da Policía Local de Vigo patrullaban pola zona indicada, realizando labores de control, no ámbito da seguridade viaria cando observaron un turismo que ao decatarse da súa presenza minorou a marcha bruscamente, pasando a circular a unha velocidade anormalmente reducida.

Os axentes procederon mediante uso da base telemática a comprobar os datos do vehículo, verificando que tiña todo en regra.

Tras esa xestión detiveron a marcha do vehículo, ao obxecto de realizar a mesma comprobación, esta vez cos ocupantes.

Concretamente un deles que resultou ser L. G. D. S, de Brasil e 20 anos de idade. O citado resultou ter en vigor unha orde de Detención e Ingreso en prisión ditaminada polo Xulgado do Penal n.º 1 desta cidade, información obtida tras realizar a verificación dos seus datos persoais.

Procedendo en virtude ao citado requirimento á súa detención para a súa posta ao dispor da Autoridade Xudicial Competente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.