Deteñen a un home constaba en vigor unha reclamación xudicial de detención, prisión temporal en Tomás Alonso

Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Deteñen a un home constaba en vigor unha reclamación xudicial de detención, prisión temporal en Tomás Alonso

O pasado venres ás 17:15 horas, recibiuse chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo, respecto a un individuo que estaba a molestar aos viandantes.

Ao lugar dos feitos, Tomás a Alonso, dirixiuse unha unidade ao obxecto de atender a incidencia, comprobando que efectivamente, un home increpaba e molestaba ás persoas que transitaban pola zona.

Os axentes procederon á súa identificación resultando ser L. M. P, cidadán Austríaco de 49 anos de idade, iniciando o proceso de verificación dos seus datos mediante consulta coa base telemática.

A resultas desta xestión, os Actuantes pescudaron que lle constaba en vigor unha Reclamación Xudicial de detención, prisión temporal e presentación a Xuízo o luns 30/09/2019, ditada polo Xulgado do Penal 1 da Coruña.

Procedendo en virtude a esta resolución á súa inmediata detención e posta ao dispor da Autoridade Xudicial competente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.