Deteñen a un home que non posuía permiso de condución e atopan substancias no interior do coche

Publicado por o día 22/04/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Deteñen a un home que non posuía permiso de condución e atopan substancias no interior do coche

Ás 17:30 horas de onte, realizando un dispositivo estático de control de vehículos no ámbito da vixilancia do Real Decreto que regula o estado de alarma, na estrada de Camposancos.

Os Axentes detiveron un vehículo conducido por E. F. E, de Vigo e 53 anos de idade, o cal non portaba o permiso de condución.

Procedendo a realizar a pertinente consulta coa base telemática, ao obxecto de pescudar se obtivera o correspondente permiso.

A resultas desta xestión, pescudaron que lle constaba en vigor unha suspensión temporal do permiso de condución, que finalizaba en xullo do ano en curso.

Preguntado polo motivo do desprazamento, respondeu que ía buscar unha bombona de butano, convidándolle a que acredite ese particular.

Ao apearse do vehículo, comezou a mostrase moi nervioso e os axentes puideron observar, que nun dos petos traseiros asomaba un feixe de billetes.

Tras abrir o maleteiro e comprobar a dotación que non levaba ningunha bombona, o seu nerviosismo aumentou, mirando constantemente cara ao interior do turismo.

Os actuantes, realizaron un cacheo de seguridade no vehículo, localizando 4 envoltorios de plástico termosellados, cunha substancia polvorienta, probablemente heroína, cun peso de 1,8 gramos, ocultos entre o asento do copiloto e a panca se cambios do vehículo, e na guantera reposabrazos situada entre os asentos traseiros do vehículo.

Tamén portaba 1162 Euros, en billetes de 100, 20, 10 euros e moedas de dúas, requisando todo o material e procedendo á detención do citado pola posible comisión dun delito contra a saúde pública.

Comentar noticia

Your email address will not be published.