A Policía Nacional ha detido a un home de 43 anos de idade, de nacionalidade española e con domicilio na cidade de Vigo, por un delito de Roubo con forza en Interior de Vehículos.
Vehículos estacionados na Avenida de Galicia de Vigo
A detención realizouse ás 6:30 horas do 13 de agosto, cando un home mediante chamada telefónica ao 091, informou que na Avda. de Galicia de Vigo, un cidadán estaba a fracturar o portelo dun vehículo aparcado á altura do núm. 124.
Avisadas as dotacións próximas, e pola pronta presenza dos vehículos uniformados no lugar, viron a un individuo dentro do vehículo mencionado na chamada telefónica ao 091, o cal se atopaba sentado no asento do acompañante, cunha bolsa entre as pernas, e revolvendo o interior do vehículo e botando dentro de dita bolsa os obxectos que ía atopando.
Nun primeiro momento os axentes procederon á revisión das dúas beirarrúas dun tramo longo da avenida de Galicia, atopándose un total de seis vehículos danados nos seus portelos e algún mesmo en teito e portón de maleteiros, os cales foron golpeados cunha pedra para abrilos, atopándose os seus interiores completamente revoltos.
Entre os vehículos había unha furgoneta, da que o detido subtraera unha bolsa chea de ferramentas de traballo e material de fontanería, a bolsa estaba abandonada na beirarrúa próxima ao vehículo.
Os axentes ao proceder á detención do home, puideron observar que presentaba manchas de sangue por todo o corpo e varios cortes nas mans, causados pola violencia con que rompera os portelos dos vehículos, polo que procederon a trasladarlle ao servizo de urxencias para a cura das feridas causadas pola rotura dos cristais.
O detido levaba dos vehículos todo o que atopaba, documentacións, bases de teléfono, tarxetas, ferramentas, mandos a distancia, roupa dos propietarios, lentes de sol, mesmo ata as lámpadas de reposto dos vehículos.
Varios antecedentes policiais anteriores
Ao realizar unha consulta das bases de datos, comprobouse que o detido xa tiña 9 antecedentes policiais anteriores, sendo case a totalidade por feitos similares polos que foi detido nesta ocasión.
A detención foi levada a cabo por axentes do Grupo de Atención ao Cidadán da Brigada de Seguridade Cidadá da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela.
O detido e todo o actuado a pasado ao dispor do Xulgado de Instrución de Vigo, en funcións de garda.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.