Deteñen a un mozo que transitaba baixo os efectos de THC cun Vehículo de Movilidad Persoal na Travesía de Vigo

Por o 13/08/2019 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
Deteñen a un mozo que transitaba baixo os efectos de THC cun Vehículo de Movilidad Persoal na Travesía de Vigo
Compartir en:

O pasado domingo ás 18:10 horas, unha Patrulla de G.O.A. da Policía Local de Vigo observaron a un home na rúa Travesía de Vigo, pilotando un VMP (Vehículo de Movilidad Persoal) circulando pola calzada.

Os Axentes procederon a darlle o alto ao mozo que o manipulaba C. P, natural de Vigo de 21 anos de idade.

Procederon á comprobación de documentación do citado elemento e verificaron que non se axustaba á normativa vixente para a circulación dos ditos aparellos, cursando a correspondente denuncia administrativa por este feito.

No transcurso dese proceso, detectaron que presentaba síntomas de atoparse baixo a influencia dalgún tipo de substancia estupefaciente ou drogas tóxicas.

Para ese efecto realizáronlle a correspondente proba de detección de substancias tóxicas, arroxando esta un resultado positivo en THC, realizando a correspondente denuncia por este feito.

Comentar noticia

Your email address will not be published.