Deteñen a un rapaz por un suposto tento de roubo nun local no Casco Vello

Publicado por o día 20/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Deteñen a un rapaz por un suposto tento de roubo nun local no Casco Vello

Na madrugada do xoves ás 01:25 horas recibiuse chamada na Central de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo, desde a zona da Casco Vello, mediante a cal un veciño alertaba sobre un suposto tento de roubo nun local, observando a varios homes forzando a entrada do mesmo cunha barra de ferro.

Trasladados en emerxencia ao lugar, os Axentes observan claramente a poucos metros do citado establecemento a tres individuos, que ao decatarse da presenza Policial foxen do lugar en distintas direccións.


Procederon a dar aviso ás unidades da zona para establecer un dispositivo de procura dos citados e saíndo na súa persecución.

Finalmente conseguiron interceptar a un deles a escasos 50 metros do local cuxo acceso estaba a ser forzado.

Unha vez interceptado o que resultou ser: H. J. R. L, natural de Colombia e de 31 anos de idade, negando este espontaneamente a súa participación nos feitos.

No transcurso da identificación do citado, a testemuña e alertante, telefonicamente verificou a participación do aludido nos feitos, procedendo os axentes para verificar os danos na porta de acceso ao citado local, motivo polo cal procederon á súa inmediata detención por un delito de tentativa de roubo con forza.

Comentar noticia

Your email address will not be published.