Deteñen a unha persoa na Gran Vía de Vigo que se atopaba de forma irregular no país

Publicado por o día 13/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Deteñen a unha persoa na Gran Vía de Vigo que se atopaba de forma irregular no país
Na mañá de onte ás 10:00 horas, unha Patrulla da Policía Local de Vigo realizaba labores de control na zona de Gran Vía cando observaron a un home que ante a presenza da unidade comezou a mostrar unha actitude esquiva cara á mesma.
 
A conduta do citado espertou as sospeitas dos axentes que procederon á súa identificación resultando ser M. E. D. L, nado en Perú de 26 anos de idade.
 
O motivo da súa actitude obedecía a que non portaba documentación válida que acreditase a súa identidade ou estancia legal en España, polo cal procederon ao seu traslado a dependencias da Brigada de Estranxeiría para a comprobación da súa situación administrativa no país.
 
Realizada a comprobación dos datos achegados, pescudouse que lle constaba unha resolución de expulsión en vigor decretada pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra desde maio do pasado ano 2018.
 
Por todo o exposto procedeuse á súa detención por atoparse en situación irregular en territorio nacional, quedando ao dispor da Brigada Local de Estranxeiría e Fronteiras.

Comentar noticia

Your email address will not be published.