Deteñen en Teis a un individuo que estaba en procura polo Xulgado do Penal nº 3

Publicado por o día 23/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Deteñen en Teis a un individuo que estaba en procura polo Xulgado do Penal nº 3

Esta mesma pasada madrugada ás 02:55 horas unha patrulla da Policía local de Vigo en servizo, observaron un turismo parado á altura dun grupo semafórico na zona de Teis.

Ata aí todo entra no ámbito da normalidade, senón fose polo feito de que o citado grupo estaba coa fase verde para vehículos e o seu condutor a pesar das advertencias feitas polos outros usuarios negábase a reiniciar a marcha.

Por este motivo os axentes dirixíronse ao citado, que resultou ser C. S. T, de Vigo e 33 anos de idade, que non acertou a dar unha explicación lóxica á súa conduta.

Realizando a verificación dos seus datos mediante a base telemática, os actuantes tiveron coñecemento dunha incidencia.

Concretamente que ao citado constáballe en vigor unha orde de procura, detención e presentación ditada polo Xulgado do Penal n.º 3 desta cidade.

En virtude a estes feitos, procederon á súa detención en acatamento da instrución mencionada.