Detido en García Barbón por atentado a un axente da autoridade

Publicado por o día 24/06/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Detido en García Barbón por atentado a un axente da autoridade

Este suceso tivo lugar o pasado venres ás 18:59 horas cando a Polícia Local recibiu unha chamada na que se lle informaba sobre un home duns 40 anos tirado no chan dun interior dun edificio da zona de García Barbón.

Ao lugar trasladouse unha Patrulla que atoparon ao citado tendido no chan do descansillo dunha das plantas en estado ebrio.

Procederon a axudarlle a levantarse acompañándoo ao exterior do edificio onde o identificaron resultando ser M. F. R, de 41 anos de idade.

Preguntado polo seu domicilio manifesta que vive nun piso do inmoble onde estaba tirado, aínda que non portaba chaves do portal e preguntado un veciño que saía do portal se o coñecía manifestou non velo nunca.

En virtude a isto indícaselle que buscase as chaves ou chamase ao seu caseiro para acceder novamente ao inmoble, comezando a increpar o citado aos axentes en termos desproporcionados chegando a tratar de agredir a un dos compoñentes da patrulla que evita o golpe apartándose pero quedando exposto motivo polo que recibiu unha forte puñada no peito.

En atención a este feito o anteriormente referido foi detido por atentado a Axente da autoridade.