Detido en Vigo por supostos abusos a menores ás que atacaba en portais na rúa Torrecedeira

Actuaba na rúa Torrecedeira e a alarma estendeuse polo facebook como un raio
Publicado por o día 13/01/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Detido en Vigo por supostos abusos a menores ás que atacaba en portais na rúa Torrecedeira

A Policía Nacional de Vigo detivo a un individuo por supostos abusos sexuais a menores, ás que atacaba en portais, especialmente na rúa Torrecedeira. Polo menos tres adolescentes serían vítimas de tocamentos por parte do arrestado, o que causou unha gran alarma na zona que se estendeu a través das redes sociais.
A forma de actuar do arrestado era sempre similar: entra no portal e acurralar á súa vítima, segundo manifestan veciñas e veciños das vitimas “é un home alto forte e dáche moitos golpes fortes para que non te poidas defender, os golpes en estomago para que non grites, coa cabeza en chan e parede para aparvarte”.
A comisaría de Vigo puxo en marcha un plan especial para dar co presunto autor destes abusos sexuais e logrou identificarlo, procedendo despois ao seu arresto. Mozas e nais de nenas da zona lanzaron a través da rede social Facebook no grupo Veciños de Torrecedeira avisos da presenza deste home e que abordaba ás súas vítimas nos portais no seu afán de evitar novos casos. A actuación policial ha devolto a tranquilidade á zona.

2 Respuestas a "Detido en Vigo por supostos abusos a menores ás que atacaba en portais na rúa Torrecedeira"

  1. Carmolas   14/01/2019 at 22:20

    Ola! Hai uns erros gramaticais neste artigo. No segundo parágrafo, no entrecomillado, figura “aparvarche” cando o correcto sería aparvarte. Podería pensar que isto é un erro da vosa fonte se non fose porque no terceiro parágrafo aparece identificarlle cando o correcto sería identificalo así como a forma ha devolto, tempo verbal inexistente no galego. Moitas grazas.

    • Noticias Vigo   15/01/2019 at 0:11

      Grazas polo aviso, foi cambiado. Moitas grazas.