Detido en Vigo tras dar un botellazo na cabeza a un home co que discutiu

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Detido en Vigo tras dar un botellazo na cabeza a un home co que discutiu

Ao comezo da noite de onte, ás 22:20 horas o 092 da Policía Local de Vigo recibiu unha chamada a respecto a unha pelexa multitudinaria na zona Centro.

Varias patrullas dirixíronse ao lugar, observando á chegada, que había unha aglomeración dun grupo aproximado dunha ducia de persoas.

Unha vez controlada a situación, detectaron que un dos implicados tiña as mans ensanguentadas e presentaba varios arañazos no rostro.

No lugar tamén se atopaba outro home que sangraba abundantemente pola parte posterior da cabeza.

En primeira instancia solicitouse a presenza dunha dotación do 061, procedendo a entrevistarse co lesionado, R. R. A, de Vigo e 37 anos de idade, ao obxecto de pescudar a causa pola que se produciu a ferida.

Relatou que mantivera unha discusión co outro home, dando por finalizada a mesma e sentándose nunha cadeira do lugar no que ambos se atopaban.

Xa descansando, o outro individuo achegáraselle por detrás e golpeáballe cunha botella, causándolle unha brecha da que manaba abundante sangue.

Unha vez no lugar a dotación do 061 determinaron o seu traslado ao HAC para proceder a suturar a ferida, estimando que precisaría entre 7 a 12 puntos.

Os axentes identificaron unha testemuña dos feitos, que verificou a versión do lesionado. En consecuencia dirixíronse ao agresor M. A. B. B, de Vigo e 43 anos de idade, procedendo á súa detención pola comisión dun delito de lesións graves.

O detido, en exercicio dos dereitos que lle asisten, foi trasladado a un centro médico para ser tratado dos arañazos da súa cara, mostrando unha actitude moi agresiva non só cos Axentes, senón co persoal médico que lle atendía.

Mantendo esta conduta no tránsito para ser ingresado en calabozos, onde agrediu a un dos Actuantes que exercían a súa custodia, propinándolle unha patada na perna e brazo esquerdos, á vez que profería ameazas.