Detido en Vigo un home buscado pola Xustiza que rompeu un escaparate en presenza da policía

Publicado por o día 12/06/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Detido en Vigo un home buscado pola Xustiza que rompeu un escaparate en presenza da policía

Na mañá de onte ás 11:30 horas unha patrulla da Policía Local de Vigo dando cobertura e apoio nos labores de baleirado de rebo dun edificio en estado ruinoso na zona de O Berbes, observaron como do mesmo sae un individuo que se dirixe a outro inmoble próximo.

O citado comezou a golpear a porta e a increpar ata que saíu unha muller A.L.G.D.C, nacida en Portugal e con domicilio en Vigo de 38 anos de idade, iniciando ambos unha discusión, constatando polo contexto da mesma que ambos son irmáns, procedendo a dirixirse cara a eles para mediar e acougar os ánimos.

Chegando o home dá un patada á cristaleira dun local comercial da zona fracturándoo. Dado que estaba a exercer actividade, o responsable do mesmo saíu ao exterior manifestando a súa intención de denunciar o feito.

En virtude a isto, os Axentes procederon a solicitar a identificación do agresor que manifestou ser A.G.D.C.C, nacido en Portugal e domiciliado en Vigo de 33 anos de idade, datos que facilitou verbalmente pero que foron verificados pola súa irmá

Os Axentes procederon a verificar os datos mediante consulta telemática dos mimos pescudando que lle constan dúas sinalizacións vixentes un de procura detención e personificación do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo e outra por un control específico por orde de afastamento.

En virtude a esta información procederon á detención do referido para proceder posteriormente a poñelo en disposición da autoridade xudicial competente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.