Detido en Vigo un home por saltarse a orde de afastamento sobre a sua exparella

A Policía Local arrestouno tras acudir á rúa Ramón Neto alertada por unha fuerte discusión
Publicado por o día 14/01/2018 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Detido en Vigo un home por saltarse a orde de afastamento sobre a sua exparella

A Policía Local arrestouno tras acudir á rúa Ramón Neto alertada por unha fuerte discusión.

A Policía Local detivo esta noite na rúa Ramón Nieto a un home por quebrantar a orde de afastamento que lle impedía achegarse a sua exmuller. Os axentes foron alertados por unha forte discusión na vía pública entre catro persoas. Ao chegar ao lugar dos feitos, a patrulla conseguiu acougar os ánimos e ao identificar aos alborotadores comprobaron que sobre un deles pesaba unha orde de afastamento, polo que procederon á súa detención.

Ao parecer, o detido acudira ao lugar dos feitos para deixar ao seu fillo coa súa nai, da que ten a orde de afastamento. Ao atoparse, comezou unha rifa que acabou co home detido e cunha denuncia de agresión interposta por este último contra a outra parella que acompañaba á exmuller do home arrestado.