Hoxe ás oito da mañá era detido Luis Bar, traballador de Pescanova e activista sindical da CUT, membro da Executiva Comarcal de Vigo.
Dende as cinco da mañá o piquete das traballadoras e traballadores agardaban a saída das compañeiras e compañeiros da quenda de noite.
A partitura ademais, como non podería ser doutra maneira, estivo adubada pola presenza da unidade antidisturbios da policía. Obviamente non para defender os dereitos das traballadoras, senón para garantir os intereses patronais, din desde o sindicato CUT. Hoxe comezou a segunda xornada de Folga nesta empresa, pola consecución dun convenio colectivo digno e fronte o escravismo laboral.
Á mesma hora que trasladaban a Luis ao hospital, desde a CUT afirman que “CCOO poñíanse na porta das oficinas a facer o paripé”