Detido por desobediencia grave, resistencia e atentado a axentes da autoriedade na rúa Manuel Olivié

Publicado por o día 03/03/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Detido por desobediencia grave, resistencia e atentado a axentes da autoriedade na rúa Manuel Olivié

Sendo as 23:50 horas do día de onte os Axentes de Policía Local realizando funcións de vixilancia pola rúa Manuel Olivié observaron como unha furgoneta marca Renault realizaba manobras erráticas, circulando dunha marxe ao outro do carril, polo que os axentes procederon a darlle o alto policial, indicándolle ao seu condutor que apagase o motor do seu vehículo, haciéndo este caso omiso, tentando iniciar a marcha de novo.

Nese momento uno dos axentes introduciuse no interior do vehículo e apagouno para evitar que continuase a marcha, momento no que o condutor lle propinou un cabezazo e tentou coller un martelo que portaba no interior do habitáculo, acción que logrou evitar o funcionario, non sen antes recibir unha cotenada na cara.

Posteriormente continuou coa súa actitude agresiva, tentando agredir aos axentes cun cúter que tiña escondido nunha perna.

Por todo iso procederon á detención do home de 35 anos J. R. C., por desobediencia grave, resistencia e atentado a Axentes da Autoridade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.