Detido un home en Teis por supostamente agredir a sua ex parella

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Detido un home en Teis por supostamente agredir a sua ex parella

Na mañá de onte, ás 08:20 horas recibiuse aviso telefónico no 092 da Policía Local de Vigo, sobre un posible episodio de violencia de xénero.

Segundo a alertante, produciuse nun domicilio na zona de Teis, lugar ao que se desprazou unha Unidade desta Policía Local de Vigo.

A solicitante do servizo M. P, de Vigo e 49 anos de idade, manifestou que a súa expareja acudiuse no domicilio desta para reclamarlle diñeiro e varios aveños persoais.

Relatou que o varon comezou a insultaba, chegando a golpeala nun momento dado, cun lapote nas costas.

A referida, ante isto encerrouse na vivenda, comezando o varon a golpear a porta ata causar unha fenda na mesma ao propinarlle unha patada.

Tras solicitar esta información, os Axentes entrevistáronse co agora detido, que recoñeceu os feitos aínda que puntualizou que ambos se empuxaron no transcurso dunha discusión.

Polos feitos relatados, e en atención á lexislación vixente, os Axentes procederon á detención do aludido que resultou ser: F. B. G, de Barcelona e 41 anos de idade, por un Delito de Violencia de Xénero.