Detido un home por quebrantar unha orde de afastamento da súa ex muller no Calvario

Publicado por o día 07/06/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Detido un home por quebrantar unha orde de afastamento da súa ex muller no Calvario

No día de onte ás 14:10 horas unha muller desta cidade levou unha desagradable sorpresa cando se dirixía a recoller ao seu fillo ao colexio no que cursa estudos na zona do Calvario.
 
A citada atopouse na porta do centro escolar á súa ex-parella sobre o que pesa unha orde de afastamento.
 
Inmediatamente e en cumprimento do protocolo de seguimento a vítimas de violencia de xénero realizou requirimento a través do teléfono 24 horas ao equipo EVAP desta Policía Local de Vigo.
 
Ao lugar en estado de prioridade trasladouse un patrulla que á chegada foi informada de que o citado individuo había abandonando o centro escolar.
 
Como queira que a Unidade tiña a descrición do citado iniciaron o peiteado da contorna deste centro escolar localizándoo nas proximidades.
 
Procedeuse á súa identificación resultando ser J. M. V, nacido en Francia e con domicilio en Vigo de 42 anos de idade.
 
Acto seguido verificouse a existencia da referida orde de protección/afastamento pescudando que efectivamente se lle impuxo tal medida por parte do Xulgado de Violencia sobre a Muller n.º 1
 
Á luz desta información procedeuse á súa detención con motivo de presunto quebrantamento de medida cautelar de afastamento sendo traslado a dependencias do EVAP para a práctica de dilixencias xudiciais e posterior ingreso en calabozos.