Detido un home por un presunto delito de violencia machista na cidade

Segundo o atestado policial, sucedeu despois de que o suposto agresor revisase o teléfono móbil da vítima.
Publicado por o día 31/01/2021 na sección de Galicia,Pontevedra,Sucesos

Detido un home por un presunto delito de violencia machista na cidade

A Policía Local procedeu á detención dun home de 51 anos nun domicilio do centro da cidade por un presunto delito de violencia machista. Os axentes puxeron ao detido a disposición xudicial logo de que o venres pola tarde tratase de agredir, supostamente, a unha muller de 40 anos, nai da súa filla, despois de terlle revisado o teléfono móbil.

Segundo o atestado policial, os axentes acudiron ao domicilio, situado nunha céntrica rúa da cidade, ás 17.50 horas alertados polos veciños que escoitaron como unha muller saía pola fiestra pedindo axuda.

O relato da vítima recollido no atestado policial, revela que convidou a xantar ao pai da súa filla con motivo do aniversario de el. Logo da comida, cando a vítima se atopaba tocando o piano, o suposto agresor faise co teléfono móbil dela, que o tiña no peto traseiro do pantalón, e encérrase no balcón do salón.

A vítima requírelle que lle de devolva o teléfono sen obter resultados. Minutos despois entra o detido tirando o móbil ao chan, o que provoca temor á vítima que sae correndo cara ao cuarto de baño, onde se encerra.

O atestado policial recolle que o detido comezou a golpear con forza a porta até o estremo de rompela na parte superior.

Comentar noticia

Your email address will not be published.