O pasado día 24 do presente mes ás 13:17 horas un individuo accedeu a un bar na zona de Povisa solicitando ao propietario do mesmo a carta co fin para comer algo. Ata aí todo entra dentro do ámbito da normalidade.
Sorprendentemente tras o visionado dos pratos ao dispor dos clientes comeza a gritar “Isto é unha merda, vai sentar mal” ante o cal o propietario do establecemento tratou de acougalo sendo por iso insultado, o que provocou o reproche do resto dos clientes aos que tamén comezou a insultar e ameazar.
Ao ver que o seu estado non ía a menos e tras advertirlle, o dono do local procedeu a realizar chamada telefónica á Central de Comunicacións do 092 requirindo a presenza dunha Patrulla desta Policía Local de Vigo.
A Unidade desprazouse ao local entrevistándose un dos axentes co responsable que relatou o anteriormente comentado, outro co agora detido que referiu que “non lle quixeron dar para comer ”. En atención ao protocolo establecido e co fin de elaborar o correspondente informe de intervención requiríuselle para identificarse, alterándose e elevando o ton replicando que era “cidadán de Galicia”.
Nese punto tratóuselle de tranquilizar e razoar con el tentando facerlle entender que ten obrigación de identificarse ao ser requirido o servizo e ante reclamación que se puidese facer posteriormente por calquera das partes.
Inexplicablemente a súa resposta foi un desafío en toda regra gritando “ Que queres eu tamén se pelexar” á vez que se encaraba co Axente que lle entrevistaba.
O citado tratou de apartarlle para evitar ser agredido recibindo dúas puñadas que conseguiu esquivar, inmobilizándolle unha das súas mans ante o cal como resposta recibiu dúas patadas no costado amortecidas polo chaleco antibalas.
Ante a agresividade mostrada procedeuse a inmobilizarlle, proceso no cal ambos, axente e detido caen ao chan sendo apoiado polo seu compañeiro, procedendo a colocarlle os grilletes. Tras o cal pescudouse a súa identidade resultando ser D.A.R, nado e domiciliado en Vigo de 33 anos de idade.
Dado o seu estado, ante a posibilidade de que sufrise algún tipo de trastorno e co fin de acougalo solicitouse o apoio dunha ambulancia medicalizada, sendo trasladado ao Centro Médico máis próximo, que como xa se comentou era Povisa.
O facultativo médico sinalo que segundo historial do detido sufría un trastorno da personalidade do que se lle estaba tratando, procedendo a prescribirlle o tratamento indicado para acougar o seu estado.
Quedando detido por atentado en atención aos feitos e circunstancias obxecto do requirimento de intervención Policial.
Noticias de última hora en Vigo