Dezaseis empresas presentan ofertas para a execución do novo vial a Monte Porreiro

O vindeiro martes reunirase a Mesa de Contratación para abrir as ofertas e continuar co proceso de contratación.
Publicado por o día 06/10/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Dezaseis empresas presentan ofertas para a execución do novo vial a Monte Porreiro

O Concello de Pontevedra recibiu 16 ofertas para executar as obras do novo vial de Monte Porreiro. Tras o remate do prazo de presentación de ofertas, está prevista que se realice a apertura de sobres na Mesa de Contratación, que terá lugar o vindeiro martes 8 de outubro, de cara a continuar co proceso de contratación.

As ofertas recibidas corresponden ás seguintes empresas e UTEs:


• Civis Global

• Elsamex

• Covsa

• Obras, reformas y saneamientos

• Excavaciones y transportes Ivanca

• UTE Audeca – Narón

• Construcciones Fechi

• Construcciones Cernadas

• Construcciones Ramírez

• Construcciones Caldebergazo

• Ogmios Proyectos

• Hordescuou

• Nexia Estructuras

• UTE Prace Servicios y Obras + Construcciones Ramón Vázquez y Reino

• E.C. Casas

• UTE Emergis Construcción + Construcciones Alea

Hai que lembrar que o inicio do procedemento de contratación deste vial foi aprobado en Xunta de goberno o pasado mes de setembro e que, unha vez axudicado, terá un prazo de execución de 9 meses. O orzamento deste proxecto ascende a 1.137. 280,50 euros.

Este vial, de 605 metros, terá dous carrís de tráfico, de 2,5 metros de ancho cada un, e unha beirarúa ao carón das vivendas cun mínimo de 1,5 metros, e incluirá os parámetros de calmado de tráfico e de vía urbana con preferencia da mobilidade peonil propios do modelo Pontevedra.

O proxecto inclúe ademais un tratamento específico para a zona dos Campos, onde se realizará unha intervención para convertir a actual zona de cruzamento nunha gran praza pública, ordenando o espazo e integrando zonas verdes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.