Día Mundial da Xustiza Social, por que é necesario lembrar esta efeméride?

Publicado por o día 20/02/2019 na sección de Social

Día Mundial da Xustiza Social, por que é necesario lembrar esta efeméride?

O concepto de xustiza social fai referencia á necesidade de lograr unha repartición equitativa dos bens sociais. Nunha sociedade con xustiza social, os dereitos humanos son respectados e os grupos da sociedade máis desfavorecidos contan con oportunidades de desenvolvemento. Hoxe, 20 de febreiro celébrase o Día Mundial da Xustiza Social para lembrar a importancia de que se imparta no mundo.

A xustiza social no mundo actual

O mundo cambiou drasticamente. Xa non vivimos nun mundo deshabitado, con relativamente poucos seres humanos cos seus utensilios. Agora vivimos na “era do Antropoceno”, nun mundo de abundancia; nunha era na que a actividade humana está a alterar drasticamente os seus sistemas ecolóxicos de subsistencia. Os nosos conceptos e modelos económicos tradicionais foron desenvoltos nun mundo “”baleiro”. Se queremos crear unha prosperidade sustentable, se buscamos “mellorar o benestar humano e a equidade social, reducindo significativamente os riscos ambientais e a escaseza ecolóxica”, imos necesitar unha nova visión da economía e a súa relación co resto do mundo, unha visión que se adapte mellor ás novas condicións ás que nos enfrontamos.

Imos necesitar unha economía que respecte os límites do planeta, que renove a dependencia do benestar humano coas relacións sociais e a xustiza, e que recoñeza que o obxectivo final é o benestar humano real e sustentable, non só o crecemento do consumo material.

A nova visión recoñece que a economía está integrada nunha sociedade e unha cultura que á súa vez están integradas nun sistema ecolóxico vital, e que a economía non pode crecer para sempre neste planeta finito.

A celebración do Día Mundial da Xustiza Social busca apoiar o labor da comunidade internacional encamiñada a erradicar a pobreza e promover o emprego pleno e o traballo decente, a igualdade entre os sexos e o acceso ao benestar social e a xustiza social para todos.

A xustiza social é un principio fundamental para a convivencia pacífica e próspera, dentro os países e entre eles. Para as Nacións Unidas, a procura da xustiza social universal representa o núcleo da súa misión na promoción do desenvolvemento e a dignidade humana.

A adopción pola Organización Internacional do Traballo (OIT) da Declaración da Organización Internacional do Traballo sobre a xustiza social para unha globalización equitativa é un bo exemplo deste compromiso. A Declaración céntrase en garantir resultados equitativos para todos a través do emprego, a protección social, o diálogo social, e os principios e dereitos fundamentais no traballo.

O logro desta xustiza social está tamén estreitamente vinculado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable..

Se queres paz e desenvolvemento, traballa pola xustiza social

A xustiza social é un principio subxacente para a coexistencia pacífica e próspera entre as nacións.

A OIT estima que na actualidade ao redor de 2000 millóns de persoas viven en situación de fraxilidade e ven afectadas por conflitos, das cales máis de 400 millóns teñen entre 15 e 29 anos.

A creación de emprego de maior calidade e un mellor acceso ao traballo para o 40 por cento dos máis desfavorecidos podería significar un aumento dos ingresos e contribuír a que as sociedades estivesen máis cohesionadas e fosen máis equitativas. Por este motivo, son importantes para previr conflitos violentos e abordar os desafíos posteriores ao conflito.

A xustiza social é un principio fundamental para a convivencia pacífica e próspera, dentro os países e entre eles. Para as Nacións Unidas, a procura da xustiza social universal representa o núcleo da súa misión na promoción do desenvolvemento e a dignidade humana.